Thursday 02 de May de 2024

Moeche celebra o Entroido este martes pola tarde


O departamento de Cultura do Concello de Moeche organizou para este martes 13 de febreiro, festivo local, a celebración da tradicional festa do Entroido, unha das máis concorridas da comarca. Terá lugar na Nave do Mercado a partir das 17:00h, contando con xogos, inchables, música e un concurso de disfraces que premiará a animación e os mellores traxes nas categorías infantil, adulta e grupos.

Neste sentido, para a rapazada haberá tres cestas de agasallo, mentres que no apartado de disfraces adultos entregarase un vale por valor de 50€ canxeable na mercería A neta de Eva. O grupo máis destacado da tarde levará un vale de 75€ para gastar no bar do mercado.

O concurso de disfraces desenvolverase na última parte do Entroido modestino, precedido do pequeno desfile onde as máscaras deberán lucir tanto as indumentarias como a súa posta en escena humorística, os dous principais factores que valorará o xurado.

Porén, xa desde o comezo da tarde, a Nave do Mercado contará con inchables para a cativería, xunto cos xogos e bailes dinamizados por LaGuaGua. Ademais, durante a troula da tarde-noite tamén se servirá de balde un chocolate con churros.